01 fevereiro 2011

nacer é unha república de árbores



Na pedra —que é o que se sostén na pedra?
a lagoa
a lagoa enfíase na pedra
enfíase, enfíase

Na lagoa —que é o que se sostén?
a trenza
enfíase a trenza, a trenza de beón
enfíase, enfíase

Cabelo de Anta nunca serás poeira

E o teu ollo cara a onde se dirixe?
o teu ollo sostense na pedra
o teu ollo enfíase nas augas.
Sostén a trenza
e así enfíase, enfíase

Rizo do idioma nunca serás poeira

Pedra baleira, gris. Real.

chus pato