28 junho 2011

Contesta ou disparo


Coa intención de cumprimentar estes 20 anos de escrita pública, que fagoentre a publicación de Tráiler (1991) e a de Ninguén (que sairá en setembro 2011), poño a disposición dos meus lectores e lectoras un primeiro libro da miña autoría, en formato e-book, a fin de que poida ser descargado de balde.

Contesta ou disparo, que é o título do libro, pódese descargar en formado pdf ou epub desde este enderezo:


http://cabrafanadablog.blogspot.com/2011/06/descarga-de-balde-contesta-ou-disparo.html


Contesta ou disparo é un libro que contén 34 entrevistas breves, rápidas e de aire frívolo, feitas por min en 1991, desde o Diario 16 de Galicia, a 34 persoas da cultura e da política galega: Isaac Díaz Pardo, O Mago Antón, Mariano Abalo, Julián Hernández, Justo Beramendi, Chano Piñeiro, Manuel Forcadela, Miguelanxo Prado, Alberto González Alegre, Xosé Luís Blanco Campaña, Couceiro, Carlos Casares, Os Diplomáticos de Monte Alto, Alfonso Eiré, Manuel Moldes, Roberto Vidal Bolaño, Luís Mariño, Carlos Mella, Antón Baamonde, Roberto Cordovani, Atilano, Xaquín Marín, Ramón Villares, Xosé Luís Suárez Canal, Margarita Ledo, Manuel Guede, Miguel Cancio, Valentín Carrera, Pemón Bouzas, Suso Costas, Miguel de Lira, Carlos Blanco, Luma Gómez e Laxeiro.

Contesta ou disparo está editado baixo licencia Creative Commons e acceso libre e é un libro de xornalismo, humilde pero simpático; lixeiro pero que, ao tempo, recupera a memoria de noso; fugaz pero tamén significativo.
Dado que, precisamente hoxe, tamén me fago un ano máis vello, velaí o meu agasallo, para quen desexe lelo.

Fran Alonso