02 agosto 2011

mapa da cidade prohibida

Cada vez que penetramos nun punto negro do mapa
-aspas de sangue agoirando loitos-
imaxino un Los Ángeles sucio
un pobo profundo
un monte cheo de flores bonitas por todas partes
unha ruela allea.

Pero é á miña vida onde pode chegar a realidade
substituir ó medo
-este peso impreciso sen libro de instruccións-,
na capital Carapuchiña verterá a súa orquídea profana
unguento orgánico extremadamente repulsivo
estendéndoo pola cara ata que o agresor fuxa
                                                                        de noxo
é neste bosque de cemento onde saca a pistola luar das bragas
vestindo despois un fermoso abrigo de pel de lobo
como soña Roald Dahl e sabe a históriA que tamén sucede
malia un tácito silencio de morte

Ana Cibeira